Mostrando entradas con la etiqueta mobilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mobilidade. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de mayo de 2016

Rutas saudables

Paseos a pé e en bicicleta en Monforte

A sostenibilidade e seguridade nos desprazamentos pasa pola adecuación das vías nas que transcorren. Na actualidade, en Monforte temos só un tramo habilitado para bicicletas, que comparten uso cos peóns. Trátase do ubicado no Parque dos Condes e que transcorre ao longo da ribeira do Cabe, na ruta que nos identificamos co número 1 no metrominuto de Rutas Saudables. Este mapa foi elaborado polo alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Daviña rey e publicado co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos. Ten como obxectivo a difusión das rutas xa existentes, entre as que se atopa a mencionada, e do deseño doutras novas tomando como referencia as rúas polas que adoitan a camiñar os monfortinos.

Se tes interese en colaborar na mellora destas rutas enche a nosa enquisa.


Corredores de ciclistas en Galicia

Plan Director de Mobilidade alternativa de Galicia de decembro de 2011 (PDMAG), revisado en 2013, presenta unha serie de recomendacións de trazados de vías para ciclistas. Este plan é un referente para as administracións que queiran por en marcha iniciativas de mobilidade para ciclistas. Ainda que os contidos que amosa son suxerencias, é un punto de partida para que concellos e deputacións se animen a crear rutas que permitan o tránsito seguro neste medio.
Neste Plan se indican entre outros, cal é o número de aparcabicis recomendado en centros educativos ( 3 por cada 10 alumnos maiores de 9 anos e 1 por cada 5 empregados, pax.150) e os distintos modelos coas vantaxes e desvantaxes. Tamén se inclúen directivas para a sinalización dos tramos e os pictogramas que deben seguir o Manual de sinalización turística de Galicia (Decreto 85/2012), xa que hai rutas que teñen a súa imaxe corporativa identificativa como é o caso do Camiño de Santiago (Imaxe da modificación segundo orde do 5 de novembro de 2015).

Existe unha proposta de rede básica de corredores ciclistas na que Monforte aparece como punto inicial ou final doutras vías, e que, coidamos, debe actualizarse polo recente recoñecemento do Camiño de Santiago de Inverno (artigo 73 da Lei 5/2016 do Patrimonio cultural de Galicia)

Imaxes extraídas do Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Arquivos:
Descargar o M3 de Rutas Saudables da web do Concello

viernes, 11 de marzo de 2016

Parques de Monforte de Lemos

Continuando coa nosa idea de elaborar unha colección de metrominutos interesantes para os monfortinos e visitantes acercámonos ao concello solicitando colaboración. Desta proveitosa reunión saíu o borrador dun convenio de colaboración e información sobre zonas verdes e parques.
Con ela elaboramos este mapa de situación dos parques de Monforte mais relevantes.


Consideramos que podería ser interesante unificar o mapa de parques e o dos centros educativos, así pódese ver onde disfrutar dun merecido descanso despois da xornada escolar.

Elaboramos tamén un metrominuto que inclúe ambos elementos, parques e colexios.


jueves, 10 de marzo de 2016

Sendeirismo por Monforte: rutas de Wikiloc

Monforte, capital da Ribeira Sacra, é un lugar emblemático debido ao seu pasado histórico vinculado ao Conde Lemos, e posúe fermosas rutas paisaxísticas entre as que se atopan as da contorna do Río Cabe.  Recollemos algunhas das publicadas polos usuarios do portal wikiloc.

1-Ruta "Conxunto Monumental San Vicente-Praza Compañía-Convento Clarisas"



Powered by Wikiloc

2- Ruta "Paseo Fluvial-I"


Powered by Wikiloc

3- Ruta "Paseo Fluvial-II"


Powered by Wikiloc

4- Ruta "Colesterol"


Powered by Wikiloc

5- Ruta "Colesterol-Falagueira-San Vicente"


Powered by Wikiloc

6- Ruta circular río Cabe-Piñeira, "Paseo Fluvial III"


Powered by Wikiloc

7- Ruta circular por Piñeira, "Paseo Fluvial IV"


Powered by Wikiloc

8- Ruta A Vilanova, "Paseo Fluvial V"


Powered by Wikiloc

9- Ruta dos molinos a Ribasaltas, "Paseo FLuvial VI"


Powered by Wikiloc

viernes, 6 de noviembre de 2015

Punto de saída: Monforte de Lemos

Por qué TIPS DE RUTA

Punto de saída

Abrimos o noso blog de ruta como porta da nosa aula, do noso pobo, e da nosa comarca. Vivimos en Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra, un lugar cheo de encantos naturais e fermosas paisaxes; e queremos que esta beleza perdure e mellore co paso do tempo. Pero para elo temos que ser coidadosos coa nosa maneira de interactuar co medio, e dar pautas, TIPS, para que habitantes e visitantes camiñemos sen deixar huella do noso paso.
Moitos dos nosos consellos serán xerais, servirán para pasear e viaxar por outros lugares coidando o entorno, por eso compartimos as nosas ideas na rede, e dela obteremos e incorporaremos as de outras persoas.

Reflexións iniciais

Estas son as nosas preguntas de partida:
  • ¿Cal é o lugar que mais che gusta do teu pobo? ¿podes acceder a pé? ¿gústache dar un paseo por el? ¿Sénteste cómodo cando vas ao colexio? ¿seguro?
  • ¿Coñeces as rutas turísticas da comarca? ¿saberías indicalas a un visitante? ¿qué medio de transporte lle aconsellarías?
  • ¿Paréceche mais seguro viaxar en tren ou en coche? ¿nun vehículo particular ou público?
  • ¿Cal cres que é o medio de transporte mais económico? ¿e mais rendible? ¿pensas que se cumpren os teus dereitos cando os usas? ¿cumpres ti os teus deberes? coñécelos?
  • ¿Qué vehículos tedes na vosa casa? ¿de cales es tí usuario?

A onde imos

Faremos unha análise da nosa contorna e como ésta condiciona a mobilidade, estudaremos e avaliaremos o estado da rede viaria de Monforte e das estradas polas que transitamos a cotío, e tamén dos medios de transporte que empregamos, buscando elementos que aporten seguridade ou indiquen vulnerabilidade. Queremos buscar respostas para atallar estes problemas con novas ideas, ou mirando cara outras vilas nas que se promove a mobilidade segura.
Introduciremos nas nosas actividades de aula situacións relacionadas co transporte sostible, e publicaremos os enunciados e os resultados, se é o caso, para que outros estudiantes tamén as poidan realizar.
Como produto final elaboraremos elementos útiles á nosa contorna: guieiro urbano, itinerarios saudables, calculadora de pasos e de tempos, camiños escolares, rutas en bici ... e tamén artellaremos algún aparello novo que aumente a nosa seguridade ou que mellore a mobilidade, promovendo a cultura emprendedora.
Todo elo en varias linguas, castelán, galego, e como indicamos mais adiante, portugués, inglés e francés.

En qué medio

Este proxecto ten como marco o PLAN PROXECTA da Consellería de Educación galega, e dentro deste o programa MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA que promove a mobilidade sostible e segura do alumnado.
No I.E.S. Daviña Rey participamos durante todo o curso académico dous profesores, Luís Vázquez, de informática, eu, Mª Jesús Casado, profesora de matemáticas e coordinadora do proxecto, e o alumnado de 2º e 4º de ESO, que traballarán de xeito directo todo o ano. Os demais grupos do centro participan con colaboracións puntuais.

Outras colaboracións

Para buscar ideas pediremos a colaboración do alumnado e profesorado do ciclo formativo de automoción, e os da optativa "Deseño e impresión 3D" de 1º de bacharelato, que nos darán indicacións sobre mantemento básico da bicicleta, ou deseñarán produtos vencellados á mobilidade, entre outros.
Asistiremos ás conferencias que haxa sobre este tema en lugares cercanos, e visitaremos algunha fábrica ou centro relacionado con transporte a través do programa Atrévete.


https://www.etwinning.net/en/pub/profile.cfm?f=2&l=en&n=119721


Unha das actividades a desenvolver será unha enquisa de hábitos de mobilidade españois e portugueses. Para elo iniciamos un proxecto eTwinning, TIPS de MOBILIDADE-ESPAÑA-PORTUGAL. Nel participamos conxuntamente con profesores e alumnos do país veciño, coordinados pola profesora de matemáticas Sonia Barbosa. Ademais de dar a coñecer ás nosas comunidades pautas de mobilidade sostible, queremos facer unha comparativa, ver similitudes e diferenzas, bos e malos hábitos, e elaborar un manual de boas prácticas a partir dos resultados obtidos.

O camiño de inverno

Por outra banda, non esquecemos que a comarca de Lemos forma parte do camiño de inverno de Santiago. As rutas xacobeas teñen tips propios de mobilidade, algúns deles asociados á ruta elixida. Para dar a coñecer os desta o alumnado de 1º de ESO programará, utilizando o software scratch, xogos educativos con esta temática, aproveitando que este curso teñen a asignatura de programación e que tamén participan nun Plan Proxecta, "Aprendo programando". Estes xogos se publicarán en varios idiomas, castelán, galego, portugués, inglés e francés; e axudarán a elaborar os "tips" finais.

Unha viaxe interesante, ambiciosa, divertida, ..., cos pés da matematica e a informática, o corazón cheo de ilusión e a cabeza de ideas: comezamos.

DESCUBRINDO MONFORTE DE LEMOS