Mostrando entradas con la etiqueta MetroMinuto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MetroMinuto. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de marzo de 2016

Mapa sinóptico da Ribeira Sacra

Unha das liñas principais do proxecto Tips de Ruta é a elaboración de mapas sinópticos de rutas peatonais. Seguindo a idea do MetroMinuto de Pontevedra elaboramos algúns mapas con distancias e tempos de Monforte, o primeiro de rutas escolares e o segundo de puntos de emerxencias (farmacias, hospital ...). A seguinte tarefa é continuar con mapas deste tipo nos que se describan rutas de sendeirismo de Monforte de Lemos coa colaboración do concello.
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, cuxa web recomendamos visitar, ten na zona de descarga un plano sinóptico de conexións con tempos en minutos. Non é exactamente un MetroMinuto, poderíamos chamalo un KilómetroMinuto, porque as distancias están calculadas en km para facer a ruta en coche.
 
Pódese descargar o folleto completo cos monumentos e o mapa xeográfico neste enlace.