viernes, 6 de noviembre de 2015

Punto de saída: Monforte de Lemos

Por qué TIPS DE RUTA

Punto de saída

Abrimos o noso blog de ruta como porta da nosa aula, do noso pobo, e da nosa comarca. Vivimos en Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra, un lugar cheo de encantos naturais e fermosas paisaxes; e queremos que esta beleza perdure e mellore co paso do tempo. Pero para elo temos que ser coidadosos coa nosa maneira de interactuar co medio, e dar pautas, TIPS, para que habitantes e visitantes camiñemos sen deixar huella do noso paso.
Moitos dos nosos consellos serán xerais, servirán para pasear e viaxar por outros lugares coidando o entorno, por eso compartimos as nosas ideas na rede, e dela obteremos e incorporaremos as de outras persoas.

Reflexións iniciais

Estas son as nosas preguntas de partida:
  • ¿Cal é o lugar que mais che gusta do teu pobo? ¿podes acceder a pé? ¿gústache dar un paseo por el? ¿Sénteste cómodo cando vas ao colexio? ¿seguro?
  • ¿Coñeces as rutas turísticas da comarca? ¿saberías indicalas a un visitante? ¿qué medio de transporte lle aconsellarías?
  • ¿Paréceche mais seguro viaxar en tren ou en coche? ¿nun vehículo particular ou público?
  • ¿Cal cres que é o medio de transporte mais económico? ¿e mais rendible? ¿pensas que se cumpren os teus dereitos cando os usas? ¿cumpres ti os teus deberes? coñécelos?
  • ¿Qué vehículos tedes na vosa casa? ¿de cales es tí usuario?

A onde imos

Faremos unha análise da nosa contorna e como ésta condiciona a mobilidade, estudaremos e avaliaremos o estado da rede viaria de Monforte e das estradas polas que transitamos a cotío, e tamén dos medios de transporte que empregamos, buscando elementos que aporten seguridade ou indiquen vulnerabilidade. Queremos buscar respostas para atallar estes problemas con novas ideas, ou mirando cara outras vilas nas que se promove a mobilidade segura.
Introduciremos nas nosas actividades de aula situacións relacionadas co transporte sostible, e publicaremos os enunciados e os resultados, se é o caso, para que outros estudiantes tamén as poidan realizar.
Como produto final elaboraremos elementos útiles á nosa contorna: guieiro urbano, itinerarios saudables, calculadora de pasos e de tempos, camiños escolares, rutas en bici ... e tamén artellaremos algún aparello novo que aumente a nosa seguridade ou que mellore a mobilidade, promovendo a cultura emprendedora.
Todo elo en varias linguas, castelán, galego, e como indicamos mais adiante, portugués, inglés e francés.

En qué medio

Este proxecto ten como marco o PLAN PROXECTA da Consellería de Educación galega, e dentro deste o programa MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA que promove a mobilidade sostible e segura do alumnado.
No I.E.S. Daviña Rey participamos durante todo o curso académico dous profesores, Luís Vázquez, de informática, eu, Mª Jesús Casado, profesora de matemáticas e coordinadora do proxecto, e o alumnado de 2º e 4º de ESO, que traballarán de xeito directo todo o ano. Os demais grupos do centro participan con colaboracións puntuais.

Outras colaboracións

Para buscar ideas pediremos a colaboración do alumnado e profesorado do ciclo formativo de automoción, e os da optativa "Deseño e impresión 3D" de 1º de bacharelato, que nos darán indicacións sobre mantemento básico da bicicleta, ou deseñarán produtos vencellados á mobilidade, entre outros.
Asistiremos ás conferencias que haxa sobre este tema en lugares cercanos, e visitaremos algunha fábrica ou centro relacionado con transporte a través do programa Atrévete.


https://www.etwinning.net/en/pub/profile.cfm?f=2&l=en&n=119721


Unha das actividades a desenvolver será unha enquisa de hábitos de mobilidade españois e portugueses. Para elo iniciamos un proxecto eTwinning, TIPS de MOBILIDADE-ESPAÑA-PORTUGAL. Nel participamos conxuntamente con profesores e alumnos do país veciño, coordinados pola profesora de matemáticas Sonia Barbosa. Ademais de dar a coñecer ás nosas comunidades pautas de mobilidade sostible, queremos facer unha comparativa, ver similitudes e diferenzas, bos e malos hábitos, e elaborar un manual de boas prácticas a partir dos resultados obtidos.

O camiño de inverno

Por outra banda, non esquecemos que a comarca de Lemos forma parte do camiño de inverno de Santiago. As rutas xacobeas teñen tips propios de mobilidade, algúns deles asociados á ruta elixida. Para dar a coñecer os desta o alumnado de 1º de ESO programará, utilizando o software scratch, xogos educativos con esta temática, aproveitando que este curso teñen a asignatura de programación e que tamén participan nun Plan Proxecta, "Aprendo programando". Estes xogos se publicarán en varios idiomas, castelán, galego, portugués, inglés e francés; e axudarán a elaborar os "tips" finais.

Unha viaxe interesante, ambiciosa, divertida, ..., cos pés da matematica e a informática, o corazón cheo de ilusión e a cabeza de ideas: comezamos.

DESCUBRINDO MONFORTE DE LEMOS